Estás aquí: start » wiki » introduccion

Introducción

Introducción

Unha wiki é un espazo de edición colaborativo, no que se poden crear páxinas e enlazar unhas páxinas a outras. Estas páxinas organízanse en espazos, creando unha estructura de navegación a base de subespazos.

Na wiki existen moitos espazos. Algúns deles son privados e outros públicos. O espazo onde podes atopar toda a información do centro é centro, e aínda que é de acceso público non podes editar páxinas.

Pódense solicitar espazos para proxectos ou grupos de traballo, cos permisos de acceso que se desexen. Tes máis información en centro:servizos:espazo_na_wiki.

Crear unha nova páxina

Para crear unha nova páxina, tes que navegar cara a un espazo baleiro e premer o botón Crear.

Por exemplo, se queres crear unha páxina chamada Proba dentro de eira (playground), debes navegar cara a :playground:proba. Unha vez alí, preme no botón Crear na esquina superior dereita.

Se o botón non aparece, é porque non tes permisos para crear páxinas nese espazo.

Editar unha páxina

Para editar unha páxina existente, preme no botón Editar na esquina superior dereita.

Fai os cambios que precises, e cando acabes preme no botón Gardar. Ten en conta que se garda un historial das edicións, polo que é boa idea engadir un resumo e evitar facer edicións pequenas. As versións vellas dunha páxina sempre están accesibles.

Se o botón non aparece, é porque non tes permisos para editar páxinas nese espazo.

Borrar unha páxina

Para borrar unha páxina existente, preme bo botón Editar na esquina superior dereita.

Borra o contido de toda a páxina, deixando o cadro de texto de edición completamente baleiro, e preme no botón Gardar.

Se o botón non aparece, é porque non tes permisos para editar páxinas nese espazo. Se ó gardar recibes un erro, é porque non tes permisos para borrar páxinas nese espazo.

Crear un novo subespazo

Crear un novo subespazo é moi similar á creación dunha nova páxina. Os espazos (e subespazos) teñen como páxina pricipal unha páxina chamada start, polo que se o que queres é crear un espazo en lugar dunha páxina, debes engadir :start ó final. Por exemplo, :playground:proba:start.

Poden existir páxinas e espazos co mesmo nome se primeiro crease a páxina e logo o espazo. Sen embargo, unha vez creado un espazo, xa non se pode crear unha páxina con ese mesmo nome, porque ó intentar acceder á páxina con ese nome, a wiki redirixe ó espazo.

Para convertir unha páxina nun espazo, débese copiar o contido desa páxina, borrar a páxina orixinal e facer o procedemento para crear un subespazo.

Sintaxe

Ademáis de negritas, cursivas e outros estilos, pódense engadir ligazóns ó exterior, dentro da propia wiki, títulos a distintos niveis, imaxes, vídeos, táboas… visita a páxina de sintaxe para coñecer os detalles.

Saber máis

Tes resposta a moitas das dúbidas platexadas e información adicional sobre o uso da wiki na páxina de preguntas frecuentes.