Estás aquí: start » inv » por-clasificar » java » jmonkey

Creación dun proxecto con JMonkey

JMonkey é un Framework de desenvolvemento que permite a xeración de animacións utilizando OpenGL. A súa última versión estable é a 2.0.1. Consiste nun conxunto de librarías que permiten abstraer as funcións de OpenGL, reducindo o problema á escritura dun programa en Java. Os desenvolvedores poden descargar o conxunto de librarías necesarias para comezar a traballar con JMonkey na páxina oficial do proxecto 1) . O arquivo que se descarga contén unha serie de arquivos “.jar” e subcarpetas coas librarías necesarias para utilizar o framework.

En primeiro lugar hai que configurar o proxecto actual, ou crear un novo, no IDE. Neste caso utilizarase para a explicación o IDE Netbeans; explicacións para outros entornos de desenvolvemento pódense atopar na wiki do proxecto2). Nas páxinas de axuda explícase cómo engadir JMonkeyEngine 2.0.1 ao IDE Netbeans, aquí explícase cómo facelo dunha forma mais inmediata:

  • Descargar a versión estable de JmonkeyEngine.
  • Crear unha nova libraría. Para isto, empregar o menú Tools-Libraries.
  • Engadir unha nova libraría.

false

  • Engadir á libraría tódolos arquivos “.jar” que contén o directorio onde está almacenado JMonkeyEngine/lib, así coma nos subdirectorios.
  • É recomendable crear unha carpeta aparte, dentro do directorio lib, que conteña tódolos arquivos das carpetas native/{$SIST_OPERATIVO}, será necesario manterlas separadas e facilmente accesibles.
  • Incluír a libaría creada no proxecto. Quedará configurada para utilizar máis adiante en calquera outro.

Estes son tódolos pasos precisos para poder empregar a libraría no proxecto. Á hora de executalo, é necesario enlazar as librarías native que foron separadas anteriormente nun directorio. Pódese facer cos seguintes parámetros:

 -Djava.library.path="directorio_native"

Pódese configurar o proxecto de Netbeans para que utilice estes parámetros na execución, algo moi útil na fase de desenvolvemento. Isto faise escribindo as propiedades de execución dentro das propiedades do proxecto - Run - VM Options.

false

O proxecto ten detallada ademais unha descrición da API3) que utiliza, e unha Wiki4) onde se poden atopar numerosos exemplos5).