Estás aquí: start » inv » python » pip

PIP: Python Install Packages

Esta é unha revisión antiga do documento!


PIP é unha ferramenta multiplataforma para instalar e xestionar paquetes de python, que funciona independentemente do sistema de xestión de paquetes do Sistema Operativo que empreguemos. Entre as súas principais vantaxes están a posibilidade de instalar e actualizar as últimas versións dos paquetes, independentemente da que estea nos repositorios do noso sistema; ou a instalación no propio directorio do usuario, sen requirir permisos de administrador.

Instalación de paquetes

Para instalar un paquete determinado, que debe estar presente no http://pypi.python.org/pypi índice de paquetes de python, simplemente deberemos escribir o seguinte comando (con permisos de administrador).

$ pip install nome_paquete
[... progress report ...]
Successfully installed nome_paquete

No caso de non dispoñer de permisos, é posible instalar igualmente os paquetes, pero nese caso instalaranse no home do usuario, concretamente na ruta /home/usuario/.local/lib/pythonX.Y/site-packages. A orde para realizar a instalación deste xeito é a seguinte:

$ pip install -install-option="--user" nome_paquete
[... progress report ...]
Successfully installed nome_paquete

Actualización de paquetes

PIP tamén permite a actualización dos paquetes xa instalados. A orde a executar é a seguinte:

$ pip install --upgrade nome_paquete

Eliminación de paquetes

O mecanismo de eliminación de paquetes é moi similar ó de instalación:

$ pip uninstall nome_paquete