Estás aquí: start » inv » teses

Procedementos para a elaboración e depósito da tese de doutoramento

Esta é unha revisión antiga do documento!


Procedementos a seguir para a elaboración/depósito da tese de doutoramento

Esta entrada da Wiki pretende ser un punto onde resolver as dúbidas que se adoitan presentar durante o período de escritura/depósito da tese de doutoramento. Actualmente en elaboración.

Documentación a aportar para o depósito

O depósito da tese debe facerse ante a secretaría do Departamento de Electrónica e Computación, actualmente na ETSE. A documentación a aportar no momento do depósito é a seguinte:

Documentación básica

  • Formulario T50 cumprimentado pol@ doutorand@. Enlaces: Formato .doc ou Formato .odt
  • Exemplar en formato papel da tese (2 copias).
  • CD/DVD ou Memoria USB que conteña os seguintes PDFs:
    • Exemplar da tese.
    • Curriculum vitae.
    • Documento coa relación de publicacións, patentes, capítulos en libros etc que culminaron na elaboración da tese.
    • Formulario para inclusión no repositorio Minerva. Este documento é un PDF que hai que editar. Enlace
    • Resumo dun máximo de 4000 caracteres no idioma da tese.
  • Curriculum vitae (3 copias).
  • Documento coa relación de publicacións, patentes, capítulos en libros etc que culminaron na elaboración da tese.
  • Formulario de autorización, ou de non autorización, da difusión do exemplar electrónico da tese a través da aplicación do Ministerio “Teseo” (3 copias). Enlaces autorización: Formato .odt ou Formato .doc. Enlaces non autorización: Formato .odt ou Formato .doc

Caso da mención internacional

  • Certificado acreditativo dunha estadía mínima de 3 meses nun centro de investigación ou de educación superior dun país distinto de España.
  • Copia da autorización da realización da estadía por parte da Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD), avalada polo director/es da tese. Este documento adxúntao a secretaría do Departamento no momento do depósito.
  • Informe favorable da tese por dous expertos doutores pertencentes a algunha institución de educación superior ou instituto de investigación non española. Enlaces: Formato .odt ou Formato .doc

Caso de presentación por compendio de artigos