Esta é unha revisión antiga do documento!
Procedementos a seguir para a elaboración/depósito da tese de doutoramento
Esta entrada da Wiki pretende ser un punto onde resolver as dúbidas que se adoitan presentar durante o período de escritura/depósito da tese de doutoramento. Actualmente en elaboración.
Documentación a aportar para o depósito
O depósito da tese debe facerse ante a secretaría do Departamento de Electrónica e Computación, actualmente na ETSE. A documentación a aportar no momento do depósito é a seguinte:
Documentación básica
- Formulario T50 cumprimentado pol@ doutorand@. Enlaces: Formato .doc ou Formato .odt
- Exemplar en formato papel da tese (2 copias).
- CD/DVD ou Memoria USB que conteña os seguintes PDFs:
- Exemplar da tese.
- Curriculum vitae.
- Documento coa relación de publicacións, patentes, capítulos en libros etc que culminaron na elaboración da tese.
- Formulario para inclusión no repositorio Minerva. Este documento é un PDF que hai que editar. Enlace
- Resumo dun máximo de 4000 caracteres no idioma da tese.
- Curriculum vitae (3 copias).
- Documento coa relación de publicacións, patentes, capítulos en libros etc que culminaron na elaboración da tese.
- Formulario de autorización, ou de non autorización, da difusión do exemplar electrónico da tese a través da aplicación do Ministerio “Teseo” (3 copias). Enlaces autorización: Formato .odt ou Formato .doc. Enlaces non autorización: Formato .odt ou Formato .doc
Caso da mención internacional
- Certificado acreditativo dunha estadía mínima de 3 meses nun centro de investigación ou de educación superior dun país distinto de España.
- Copia da autorización da realización da estadía por parte da Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD), avalada polo director/es da tese. Este documento adxúntao a secretaría do Departamento no momento do depósito.
- Informe favorable da tese por dous expertos doutores pertencentes a algunha institución de educación superior ou instituto de investigación non española. Enlaces: Formato .odt ou Formato .doc
Caso de presentación por compendio de artigos
- No CD/DVD ou Memoria USB mencionada no apartado de documentación básica, deberase incluír ademais outro PDF do exemplar da tese onde se eliminen os artigos publicados e se indiquen os enlaces onde consultalos.
- Informe do/s directore/s da tese sobre a idoneidade da presentación da tese neste formato. Está incluído na plantilla da tese, é dicir, vai no documento da tese.
- Aceptación por escrito das persoas coautoras doutoras de que o doutorando presente o traballo como parte da tese. Estes documentos poden ser substituídos por unha declaración responsable do/s director/es da tese, que tamén está incluída na plantilla.
- Renuncia por escrito das persoas coautoras non doutoras á presentación dos traballos como parte doutra tese de doutoramento.