Estás aquí: start » inv » teses

Procedementos para a elaboración e depósito da tese de doutoramento

Esta é unha revisión antiga do documento!


Procedementos a seguir para a elaboración/depósito da tese de doutoramento

Esta entrada da Wiki pretende ser un punto onde resolver as dúbidas que se adoitan presentar durante o período de escritura/depósito da tese de doutoramento. Actualmente en elaboración.

Formato

Para a publicación da tese empregarase a plantilla do CiTIUS, dispoñible para descarga no Repositorio Gitlab.

Documentación a aportar para o depósito da tese no DEC

O depósito da tese debe facerse ante a secretaría do Departamento de Electrónica e Computación, actualmente na ETSE. A documentación a achegar no momento do depósito é a seguinte:

Documentación básica

  • Formulario T50 cumprimentado polo/a doutorando/a. Enlaces: Formato .doc ou Formato .odt
  • Exemplar en formato papel da tese (2 copias).
  • CD/DVD ou Memoria USB que conteña os seguintes PDFs:
    • Exemplar da tese.
    • Curriculum vitae.
    • Documento coa relación de publicacións, patentes, capítulos en libros etc. que culminaron na elaboración da tese.
    • Formulario para inclusión no repositorio Minerva. Este documento é un PDF que hai que editar. Ligazón
    • Resumo dun máximo de 4000 caracteres no idioma da tese.
  • Curriculum vitae (3 copias).
  • Documento coa relación de publicacións, patentes, capítulos en libros etc. que culminaron na elaboración da tese.
  • Formulario de autorización, ou de non autorización, da difusión do exemplar electrónico da tese a través da aplicación do Ministerio “Teseo” (3 copias). Ligazón autorización: Formato .odt ou Formato .doc. Enlaces non autorización: Formato .odt ou Formato .doc

Caso da mención internacional

  • Certificación acreditativa dunha estadía mínima de 3 meses nun centro de investigación ou de educación superior dun país distinto de España.
  • Copia da autorización da realización da estadía por parte da Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD), avalada polo director/es da tese. Este documento xúntao a secretaría do Departamento no momento do depósito.
  • Informe favorable da tese por dous expertos doutores pertencentes a algunha institución de educación superior ou instituto de investigación non española. Ligazón: Formato .odt ou Formato .doc

Caso de presentación por compendio de artigos

  • No CD/DVD ou Memoria USB mencionada no apartado de documentación básica, deberase incluír ademais outro PDF do exemplar da tese onde se eliminen os artigos publicados e se indiquen as ligazóns onde consultalos.
  • Informe do/s directore/s da tese sobre a idoneidade da presentación da tese neste formato. Está incluído na plantilla da tese, é dicir, vai no documento da tese.
  • Aceptación por escrito das persoas coautoras doutoras de que o doutorando presente o traballo como parte da tese. Estes documentos poden ser substituídos por unha declaración responsable do/s director/es da tese, que tamén está incluída na plantilla.
  • Renuncia por escrito das persoas coautoras non doutoras á presentación dos traballos como parte doutra tese de doutoramento.