Wiki do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes

Esta é unha revisión antiga do documento!


Wiki do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información

Benvido á wiki do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información . Se é a primeira vez que visitas esta páxina, aquí mesmo poderás atopar a información básica sobre o seu funcionamento. Se requires máis información, visita a páxina de preguntas frecuentes.

Investigación

Espazo reservado a investigación. Neste espazo todos os investigadores poden crear e editar páxinas, que serán visibles públicamente. Páxina principal de Investigación »

Admin. Sistemas

Espazo reservado á administración de sistemas. Neste espazo só os administradores de sistemas poden crear e editar páxinas, que serán visibles públicamente. Páxina principal de Admin.Sistemas »

O wiki tamén dispón de espazos privados onde os usuarios poden publicar contido restrinxindo o acceso a un grupo de usuarios determinado. Por defecto, hai un espazo privado para todos os investigadores e outro para os administradores de sistemas pero pode solicitarse a creación de novos espazos.

Autenticación

O uso da wiki require de autenticación, co usuario e contrasinal de Identificación CITIUS. Se non dispoñes dunha identificación ou non recordas o contrasinal ou o nome de usuario, podes solicitalos enviando un correo a citius.tic@usc.es

Normas de uso

  • A wiki debe ser un espazo de traballo colaborativo entre os investigadores e colaboradores que desenvolven a súa labor no Centro.
  • Só se pode utilizar o almacenamento de arquivos para enlazalos nas páxinas. Os arquivos que non sexan enlazados serán borrados periodicamente.
  • Se queres denunciar un abuso do servizo podes facelo a través do formulario de incidencias

Sintaxe

A sintaxe da wiki é moi sinxela, asemellándose en gran medida á sintaxe de wikis coma Mediawiki. Sen embargo, existen algunhas diferencias. Podes obter unha referencia da sintaxe en syntax ou ben utilizar os botóns da parte superior do cadro de edición para axudarte.