Editar esta páxina Ligazóns con isto Export to PDF Rename Page ODT export Táboa de Contidos Introducción Crear unha nova páxina Editar unha páxina Borrar unha páxina Crear un novo subespazo Sintaxe Saber máis Introducción Unha wiki é un espazo de edición colaborativo, no que se poden crear páxinas e enlazar unhas páxinas a outras. Estas páxinas organízanse en espazos, creando unha estructura de navegación a base de subespazos. Na wiki existen moitos espazos. Algúns deles son privados e outros públicos. O espazo onde podes atopar toda a información do centro é centro, e aínda que é de acceso público non podes editar páxinas. Pódense solicitar espazos para proxectos ou grupos de traballo, cos permisos de acceso que se desexen. Tes máis información en centro:servizos:espazo_na_wiki. Crear unha nova páxina Para crear unha nova páxina, tes que navegar cara a un espazo baleiro e premer o botón Crear. Por exemplo, se queres crear unha páxina chamada Proba dentro de eira (playground), debes navegar cara a :playground:proba. Unha vez alí, preme no botón Crear na esquina superior dereita. Se o botón non aparece, é porque non tes permisos para crear páxinas nese espazo. Editar unha páxina Para editar unha páxina existente, preme no botón Editar na esquina superior dereita. Fai os cambios que precises, e cando acabes preme no botón Gardar. Ten en conta que se garda un historial das edicións, polo que é boa idea engadir un resumo e evitar facer edicións pequenas. As versións vellas dunha páxina sempre están accesibles. Se o botón non aparece, é porque non tes permisos para editar páxinas nese espazo. Borrar unha páxina Para borrar unha páxina existente, preme bo botón Editar na esquina superior dereita. Borra o contido de toda a páxina, deixando o cadro de texto de edición completamente baleiro, e preme no botón Gardar. Se o botón non aparece, é porque non tes permisos para editar páxinas nese espazo. Se ó gardar recibes un erro, é porque non tes permisos para borrar páxinas nese espazo. Crear un novo subespazo Crear un novo subespazo é moi similar á creación dunha nova páxina. Os espazos (e subespazos) teñen como páxina pricipal unha páxina chamada start, polo que se o que queres é crear un espazo en lugar dunha páxina, debes engadir :start ó final. Por exemplo, :playground:proba:start. Poden existir páxinas e espazos co mesmo nome se primeiro crease a páxina e logo o espazo. Sen embargo, unha vez creado un espazo, xa non se pode crear unha páxina con ese mesmo nome, porque ó intentar acceder á páxina con ese nome, a wiki redirixe ó espazo. Para convertir unha páxina nun espazo, débese copiar o contido desa páxina, borrar a páxina orixinal e facer o procedemento para crear un subespazo. Sintaxe Ademáis de negritas, cursivas e outros estilos, pódense engadir ligazóns ó exterior, dentro da propia wiki, títulos a distintos niveis, imaxes, vídeos, táboas… visita a páxina de sintaxe para coñecer os detalles. Saber máis Tes resposta a moitas das dúbidas platexadas e información adicional sobre o uso da wiki na páxina de preguntas frecuentes. wiki/introduccion.txt Última modificación: 2013/03/07 12:52por jorge.suarez