Identidade

A acreditación asociada ás Axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación singulares e agrupacións estratéxicas consolidadas do Sistema universitario de Galicia esixe o cumprimento dunha normativa de publicidade asociada a fondos FEDER.

Dada a complexidade da instrución completa, aconsellamos aos investigadores do CiTIUS que contacten coas Unidades de Xestión da Innovación ou Infraestruturas para asesorarse sobre o seu correcto cumprimento.

De forma xeral, todo documento, software, web e calqueira outro material publicado polo CiTIUS debe ter os logos da Unión Europea, a Xunta de Galicia, o logotipo turístico de Galicia, o logo do CiTIUS, o da USC e o do Campus Vida, seguindo as directrices expostas nesta páxina, que resume os elementos máis importantes. Tamén é necesario incluír o texto FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL “Unha maneira de facer Europa”.

O logotipo do CiTIUS debe usarse nun tamaño inferior ao do logotipo principal do traballo onde se expoña, en caso de que o teña, e con certa separación, de xeito que non pareza o logotipo principal nin parte deste.

En caso de ir xunto co logo do CiTIUS, o logotipo da USC debe ter o mesmo alto que o cadrado laranxa do logo do CiTIUS. O logo do Campus Vida debe ser aproximadamente un 30% maior.

O logo da Xunta de Galicia debe estar aliñado ca bandeira do logo da Unión Europea. O resto de logos que os acompañen, incluíndo o logo turístico de Galicia, deben ir ao 60% deste tamaño á súa dereita e centrados verticalmente co logo da Xunta de Galicia.

En caso de ir todos os logos no mesmo lugar, o logo máis grande debe ser o da Xunta de Galicia. O resto, incluído tamén o do CiTIUS, debe ir ao 60% de tamaño. Neste caso, o logo do Campus Vida pode ser do mesmo tamaño que o cadrado laranxa do CiTIUS.

Para pes de páxina, peches de documentos e finais de presentacións, debe invertirse a colocación dos logos. Primeiro o da Unión Europea, a súa dereita o da Xunta de Galicia, e á súa esquerda o resto de logos.

Nos medios electrónicos é obrigatorio poñer os logos en cor. Nos medios non electrónicos, é posible utilizar versións en branco e negro segundo as guías da Xunta de Galicia, a Unión Europea e os organismos correspondentes.

As instrucións cambiaron respecto a anos anteriores, e xa non se poden utilizar os logos antigos de FEDER. A disposición correcta é o anagrama da bandeira co texto UNIÓN EUROPEA debaixo. O texto Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional “Unha maneira de facer Europa” non pode ir ao seu carón.

CiTIUS

Tipo Descarga
Logotipo completo PNG EPS
Variante horizontal PNG EPS
Logotipo para fondo negro e cores escuras PNG EPS
Logotipo para fondo laranxa ou unha cor vibrante PNG EPS

Outras entidades

Entidade Descarga
USC PNG EPS
Campus Vida PNG EPS
Xunta de Galicia Todas as versións oficiais
Unión Europea PNG EPS Guía do emblema
Galicia (logo turístico) PNG EPS
Tipo Descarga
Modelo Documento Word CiTIUS modelo_memoria_con_portada.doc Modelo sen portada
Formato Technical Report Repositorio Gitlab
Plantilla para teses Repositorio Gitlab
Tipo Descarga
Fondo de escritorio laranxa PNG
Fondo de escritorio logo 3D verde JPG
Fondo de escritorio logo 3D laranxa JPG