Amosar a fonte da páxinaRevisións antigasLigazóns con istoODT exportComezo da páxina Share via Share via... Twitter LinkedIn Facebook Pinterest Telegram WhatsApp Yammer Reddit TeamsTrocos recentesSend via e-MailPrintPermalink × Esta é unha revisión antiga do documento! Identidade A acreditación asociada ás Axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación singulares e agrupacións estratéxicas consolidadas do Sistema universitario de Galicia esixe o cumprimento dunha normativa de publicidade asociada aos fondos FEDER. Dada a complexidade da instrución completa, aconsellamos aos investigadores do CiTIUS que contacten coas Unidades de Xestión da Innovación ou Infraestruturas para asesorarse sobre o seu correcto cumprimento. Recoñecementos obrigatorios De forma xeral, todo documento, software, web e calquera outro material publicado polo CiTIUS debe ter os logos da Unión Europea, a Xunta de Galicia, o logotipo turístico de Galicia, o logo do CiTIUS, o da USC e o do Campus Vida, seguindo as directrices expostas nesta páxina, en cumprimento coa instrución da Xunta. Tamén é necesario incluír o texto FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL “Unha maneira de facer Europa”. Posicionamento e tamaño dos logos Norma xeral O logotipo do CiTIUS debe usarse nun tamaño inferior ao do logotipo principal do traballo onde se expoña, en caso de que o teña, e con certa separación, de xeito que non pareza o logotipo principal nin parte deste. En caso de ir xunto co logo do CiTIUS, o logotipo da USC debe ter o mesmo alto que o cadrado laranxa do logo do CiTIUS. O logo do Campus Vida debe ser aproximadamente un 30% maior. O logo da Xunta de Galicia debe estar aliñado coa bandeira do logo da Unión Europea. O resto de logos que os acompañen, incluíndo o logo turístico de Galicia (que debe ir á dereita de todo), deben ir ao 60% deste tamaño á súa dereita e centrados verticalmente co logo da Xunta de Galicia. En caso de ir todos os logos no mesmo lugar, o logo máis grande debe ser o da Xunta de Galicia e o da Unión Europea. O resto, incluído tamén o do CiTIUS, debe ir ao 60% de tamaño. Neste caso, o logo do Campus Vida pode ser do mesmo tamaño que o cadrado laranxa do CiTIUS. Cabeceiras de documentos Para cabeceiras de documentos, deben aliñarse os logos da Xunta de Galicia e a Unión Europea na parte superior esquerda, e o resto de logos na parte superior dereita, co logo de Galicia sempre á dereita de todo. Pés de páxina, webs, peches de documentos e finais de presentacións Para pés de páxina, de webs, peches de documentos e finais de presentacións, debe invertirse a colocación dos logos. Primeiro o da Unión Europea, á súa dereita o da Xunta de Galicia, e á súa esquerda o resto de logos, co logo de Galicia á esquerda. En caso de ir todos os logos no mesmo lugar, o logo de Galicia debe ir á esqueda de todo. Para pés de documentos, ademáis de invertir a colocación dos logos, hai que aliñar os logos da Xunta de Galicia e Unión Europea á dereita, e o resto de logos á esquerda. Versións en cor e branco e negro Nos medios electrónicos é obrigatorio poñer os logos en cor. Nos medios non electrónicos, é posible utilizar versións en branco e negro segundo as guías da Xunta de Galicia, a Unión Europea e os organismos correspondentes. Antigos logos FEDER As instrucións cambiaron respecto a anos anteriores e xa non se poden utilizar os logos antigos de FEDER. A disposición correcta é o anagrama da bandeira co texto UNIÓN EUROPEA debaixo. O texto Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional “Unha maneira de facer Europa” non pode ir ao seu carón. Logotipos CiTIUS Tipo Descarga Logotipo completo PNG EPS Variante horizontal PNG EPS Logotipo para fondo negro e cores escuras PNG EPS Logotipo para fondo laranxa ou unha cor vibrante PNG EPS Outras entidades Entidade Descarga USC PNG EPS Campus Vida PNG EPS Xunta de Galicia Todas as versións oficiais Unión Europea PNG EPS Guía do emblema Galicia (logo turístico) PNG EPS Documentos Tipo Descarga Modelo Documento Word CiTIUS Modelo con portada Modelo sen portada Formato Technical Report Repositorio Gitlab Plantilla para teses Repositorio Gitlab Presentacións Tipo Descarga LaTeX Repositorio Gitlab Versión alternativa HTML5 Repositorio Github PowerPoint Office 2010 PPTX (Rev.2017, 4:3) Office 2016 PPTX (Rev.2017, 16:9) Fondos de pantalla Tipo Descarga Fondo de escritorio laranxa PNG Fondo de escritorio logo 3D verde JPG Fondo de escritorio logo 3D laranxa JPG centro/identidade/start.1556537237.txt.gz Última modificación: 2019/04/29 13:27por jorge.suarez