Estás aquí: start » centro » instalacions » cocina

Cociña

Esta é unha revisión antiga do documento!


Cociña

Consumibles (tódolos usuarios)

Tódolos usuarios da cociña deben contribuír no gasto de consumibles como deterxente para o lavalouzas, servilletas, panos, etc.

Se queres facer uso da cociña, e non pertences ó club café (ver sección “Electrodomésticos”), contacta con Montserrat Fortes.

Lixo

É moi sinxelo, colabora!

  • ORGÁNICO: baixo o fregadeiro, o servizo de limpeza sácao a diario.
  • INORGÁNICO (envases, plásticos, latas…): cubo triple da esquina, responsabilidade de todos, colabora e baleira os cubos cando se enchan. Para pechar, pisar pedais ata o fondo.
  • PAPEL e CARTÓN limpo: caixa de cartón.

Limpeza

Hai panos baixo o vertedeiro. Úsaos ó rematar e deixa o espazo limpo para os teus compañeiros.

Electrodomésticos

  • Cafetera Tassimo

Se queres empregala contacta con David González (LS02) cota única de 3€.

As cápsulas e o resto de cousas coma leite, azucre, etc. mércanse de xeito individual e hai que pagar aparte a cota de uso da cocina.

Na cociña hai un pequeno folleto con instruccións, cualquera dúbida contacta con David González Despois de empregar a cafeteira déixaa limpa cando remates e saca a cápsula!

  • Cafeteira e club café

Compra conxunta de café, leite, infusións… con gastos de consumibles incluídos ;)

Se queres unirte contacta con David Losada.

  • Quentador de auga e microondas

O uso destes aparellos é libre. Só se pode quentar auga no quentador, non leite. Colabora na súa limpeza!

El calentador de agua no esta disponible en este momento, se esta pensando en comprar otro, si estas interesado contacta con David González.

  • Lavavalouzas

Evita lavar a man e úsao. A programación do lavavalouzas é tan sinxela como:

  1. Acender o electrodoméstico.
  2. Poñer no oco a pastilla de xabón.
  3. (Opcional) Indicar a hora diferida (3, 6 ou 9 horas).
  4. Deixar o modo “eco” (por defecto).
  5. IMPORTANTE: Premer o botón Start.
  6. IMPORTANTE: Pechar a porta (con ganas ata escoitar un “CLICK”, que se queda mal pechada non empeza o programa).

IMPORTANTE: o lavalouzas prográmase para que funcione os días laborables arredor das 21-22h e baléirase polas mañás entre as 8-11h, aproximadamente. Se o atopas limpo e cheo non mistures louza sucia e limpa e baléirao previamente.

Armarios e neveira

Distintos grupos que fan uso da cociña foron gardando nos armarios e nas neveiras cousas como café, azúcar, té, leite… e organízanse entre eles para a súa compra, ás veces de forma individual. Tamén se poden atopar tuppers de comida na neveira. Se queres empregar as alacenas e/ou a neveira busca un espazo e encárgate de mantelo limpo e de que ningún alimento estea en mal estado. Se non atopas un sitio, fala cos usuarios habituais da cociña.

Na alacena sobre o fregadeiro podes atopar menaxe de cociña do centro para o uso de todos nós. A cubertería atópase nun caixón baixo as cafeteras. O resto de tazas e pezas son de uso particular, podes traer o que necesites e buscarlle un oco.

IMPORTANTE: na cociña hai un rotulador (alacena inferior do extremo dereito) para rotular a data de apertura nos cartóns de leite, zumo, etc. Evita que caduquen, se os abandoas serán retirados.