Estás aquí: start » centro » instalacions » cocina

Cociña

Esta é unha revisión antiga do documento!


Cociña

Consumibles (tódolos usuarios)

Tódolos usuarios da cociña deben contribuír no gasto de consumibles como deterxente para o lavalouzas, servilletas, panos, etc.

Se queres facer uso da cociña, contacta coa secretaría. Pasarás a formar parte dun grupo de correos e informáremoste cando sexa necesario aboar un Euro para cubrir estes gastos.

Lixo

É moi sinxelo, colabora!

  • ORGÁNICO: Non se pode deixar nada no cubo de debaixo do fregadeiro. Por favor, lévate os teus residuos aos colectores de residuos orgánicos no exterior do edificio. A papeleira que está baixo o fregadeiro non se debe usar para residuos grandes (tuppers, botellas etc.), nin residuos orgánicos. Este tipo de residuos debe sacalos cada usuario ao colector externo. Esta papeleira está para os residuos máis pequenos inorgánicos (cápsulas, panos de cociña etc.).
  • INORGÁNICO (envases, plásticos, latas, cápsulas, panos de cociña…): Debaixo do fregadeiro.

Limpeza

Hai panos baixo o vertedeiro. Úsaos ó rematar e deixa o espazo limpo para os teus compañeiros.

Electrodomésticos

  • Cafetera Tassimo

Se queres empregala contacta con Adrián González (LS02) cota única de 3€.

As cápsulas e o resto de cousas coma leite, azucre, etc. mércanse de xeito individual e hai que pagar aparte a cota de uso da cocina.

Na cociña hai un pequeno folleto con instruccións, cualquera dúbida contacta con Adrián González Despois de empregar a cafeteira déixaa limpa cando remates e saca a cápsula!

  • Cafeteira e club café

Compra conxunta de café, leite, infusións… con gastos de consumibles incluídos ;)

Se queres unirte contacta con Antonio García Loureiro.

  • Quentador de auga e microondas

O uso destes aparellos é libre. Só se pode quentar auga no quentador, non leite. Colabora na súa limpeza!

O quentador de auga volve estar dispoñible e hai outro mercado en reserva.

  • Lavalouzas

Evita lavar a man e úsao. A programación do lavalouzas é tan sinxela como:

  1. Acender o electrodoméstico.
  2. Poñer no oco a pastilla de xabón.
  3. (Opcional) Indicar a hora diferida (3, 6 ou 9 horas).
  4. Deixar o modo “eco” (por defecto).
  5. IMPORTANTE: Premer o botón Start.
  6. IMPORTANTE: Pechar a porta (con ganas ata escoitar un “CLIC”, que se queda mal pechada non empeza o programa).

IMPORTANTE: o lavalouzas prográmase para que funcione os días laborables arredor das 21-22h e baléirase polas mañás entre as 8-11h, aproximadamente. Se o atopas limpo e cheo non mistures louza sucia e limpa e baléirao previamente.

Armarios e neveira

Distintos grupos que fan uso da cociña foron gardando nos armarios e nas neveiras cousas como café, azúcar, té, leite… e organízanse entre eles para a súa compra, ás veces de forma individual. Tamén se poden atopar tuppers de comida na neveira. Se queres empregar as alacenas e/ou a neveira busca un espazo e encárgate de mantelo limpo e de que ningún alimento estea en mal estado. Se non atopas un sitio, fala cos usuarios habituais da cociña.

Na alacena sobre o fregadeiro podes atopar menaxe de cociña do centro para o uso de todos nós. A cubertería atópase nun caixón baixo as cafeteras. O resto de tazas e pezas son de uso particular, podes traer o que necesites e buscarlle un oco.

IMPORTANTE: na cociña hai un rotulador (alacena inferior do extremo dereito) para rotular a data de apertura nos cartóns de leite, zumo, etc. Evita que caduquen, se os abandoas serán retirados.