Editar esta páxina Ligazóns con isto Export to PDF ODT export Táboa de Contidos Salas de reunións Listado de salas de reunións Reserva e acceso ás salas Conexión de portátiles á rede de datos Uso do equipamento Videoconferencia H.264/H.323/SIP Videoconferencia Skype Configuración de Skype co PC da sala Salas de reunións Listado de salas de reunións Nome da sala Localización Aforo Teléfono Capacidades Sala de reunións de dirección Planta baixa 10 persoas 16407 Sala de reunións 1 Planta baixa 10 persoas 16408 Sala de reunións 2 Primeiro andar 10 persoas 16442 Sala de reunións 3 Segundo andar 10 persoas 16472 Salón de actos Planta baixa 72 persoas - 1) Reserva e acceso ás salas A reserva das salas faise mediante a Aplicación de reservas. É obrigatorio facer a reserva dunha sala antes de utilizala. As reservas da sala de reunións de dirección e do salón de actos deben ser aprobadas pola secretaría do centro. Márcanse de xeito especial na aplicación de reservas ata que son aprobadas. O acceso realízase coa tarxeta da USC no caso das salas 2 e 3. Só pode abrir estas salas o persoal do centro con contrato coa USC. A porta desbloquéase ó pasar a tarxeta e volve a bloquearse ó pasala unha segunda vez. É responsabilidade de cada investigador pechar o acceso a cada sala de reunións unha vez abandone a sala. Conexión de portátiles á rede de datos Podes conectar un portátil á rede de datos usando a roseta situada na mesa central. Debes usar os seguintes datos de conexión, segundo a sala na que te atopes: Nome da sala Dirección IP Máscara de rede Porta de enlace DNS Sala de reunións de dirección 172.16.243.170 255.255.255.0 172.16.243.1 193.144.75.9, 193.144.75.12 Sala de reunións 1 172.16.243.172 Sala de reunións 2 172.16.243.174 Sala de reunións 3 172.16.243.176 Salón de actos (mesa) 172.16.243.179, 172.16.243.181 Salón de actos (atril) 172.16.243.182 Uso do equipamento Nos seguintes trípticos, que podes atopar tamén en cada unha das salas, tes a información básica sobre o uso do equipamento: Sala de reunións de dirección Sala de reunións 1 Salas de reunións 2 e 3 Salón de actos Videoconferencia H.264/H.323/SIP As salas de dirección e máis a 1 contan con equipamento de videoconferencia multipunto a través de IP, con ata 8 interlocutores ó mesmo tempo. Sala Equipo Dirección IP Sala de dirección Polycom 193.144.76.8 Sala 1 RadVision XT1000 193.144.76.26 Videoconferencia Skype As salas contan cunha webcam e un micrófono/altofalante grupal para poder manter reunións por Skype. (Nota: A sala de reunións 1 (planta baixa) non ten micrófono/altofalante grupal, só ten webcam). A webcam Logitech C525 (salas 2 e 3) ou Logitech C910 (salas 1 e dirección) está colocada sobre a pantalla e conectada directamente ó PC da sala. O micrófono/altofalante grupal ClearOne Chat 60 está colocado na caixa de cables (excepto na sala 1 que non hai). Pode enchufarse en calquera porto USB. Ambos elementos poden utilizarse co PC da sala ou con portátiles propios, pero ó rematar deben quedar dispostos como estaban orixinalmente. Configuración de Skype co PC da sala Conectar o micrófono/altofalante grupal ó PC da sala a través dalgún dos portos USB da sala. Asegurarse de que a webcam está conectada tamén a algún dos portos USB da sala. No menú de son, seleccionar Preferencias de son…. Na lapela Saída, seleccionar a saída HDMI/DisplayPort 2 - High Definition Audio Controller para usar os altofalantes da pantalla (mellor calidade). Tamén podes seleccionar Saída analóxica - Chat 60 se queres usar a saída do altofalante/micrófono grupal, pero pode provocar distorsións. Na lapela Entrada, seleccionar a entrada Micrófono - Chat 60. Asegurarse de que o volume do micrófono está por riba da marca Sen amplificar e por debaixo do 100%. Realizar a chamada en Skype. Segundo a versión de Skype, unha vez comezada a chamada, seleccionar outros dispositivos de entrada ou saída non terá o efecto desexado. Debe colgarse a chamada e volver a realizala para que os cambios teñan efecto. 1) Baixo petición, emprégase o mesmo equipo da sala de reunións 1 e hai que preparalo de antemán centro/instalacions/salas_de_reunions.txt Última modificación: 2017/10/02 14:04por diego.cougil