Instalar drivers de Virtio en Windows XP

Instalar drivers de Virtio en Windows XP

Na interface de Cloudstack, preme no botón e anexa a ISO Windows All Virtio Drivers.

Ó arrincar a imaxe a primeira vez e rematar a configuración, aparecerá un diálogo de asistente de novo hardware. En caso contrario ou en caso de ter xa ignorado este diálogo:

  1. Accede a Inicio > Configuración > Panel de Control
  2. Abre Sistema
  3. Na pestaña Hardware, preme en Administrador de dispositivos
  4. En Otros dispositivos > Controladora SCSI fai clic dereito e preme en Actualizar Controlador…

No diálogo de asistente de hardware:

  1. Elixe No por el momento e pulsa Siguiente
  2. Elixe Instalar desde una lista o ubicación específica e pulsa Siguiente
  3. Asegúrate de que está marcado Buscar en medios extraíbles e pulsa Siguiente

Unha vez rematado o proceso, os discos adicionais xa deberían aparecer no administrador de discos. Ten en conta que os discos non teñen formato por defecto, e precisas usar o administrador de discos para formatealos e asignarlles unha letra de unidade.