Estás aquí: start » centro » servizos » vpn » linux

Manual da VPN para GNU/Linux xenérico (sen Network Manager)

Esta é unha revisión antiga do documento!


Instalación

  1. Instala OpenVPN seguindo as instrucións da tua distribución. Alternativamente, podes descargar o paquete fonte e compilalo.
  2. Descomprimir o arquivo zip que poderás atopar no teu directorio de usuario, na carpeta VPN. Os arquivos exe e ovpn, se os recibises, non son necesarios para este método de conexión.
cd ~/Downloads
unzip vpn-udp-22-nome.usuario-config.zip

Conectarse e desconectarse da VPN

  1. Situarse no directorio onde descomprimiches o arquivo.
    cd ~/Downloads/vpn-udp-22-nome.usuario
  2. Executar openvpn con permisos de administrador. Dependendo da configuración do sistema, pode que precises utilizar sudo ou su.
    sudo openvpn vpn-udp-22-nome.usuario.ovpn
    su
    openvpn vpn-udp-22-nome.usuario.ovpn
  3. Para desconectarse, premer Control+C.