Editar esta páxina Ligazóns con isto Export to PDF ODT export Táboa de Contidos Manual da VPN para Ubuntu 18.04 Instalación Conectarse e desconectarse da VPN Manual da VPN para Ubuntu 18.04 Instalación 1. Descarga o arquivo vpn-UDP4-1194-config.zip ou o arquivo vpn-UDP4-1194-config.ovpn. 2. Na tenda de aplicacións, busca o GNOME Control Center e activa o add-on OpenVPN Client. Alternativamente, podes instalar o paquete network-manager-openvpn-gnome co teu xestor de paquetes preferido. 3. Vai ás opcións de rede premento en VPN Settings no menú da barra superior, ou a través do centro de control. 4. Preme no botón de engadir unha VPN. 5. Na nova ventá, preme en «Importar dende arquivo…». Neste punto debe aparecer a opción de OpenVPN. Se non aparece, é que non está instalado ben o add-on OpenVPN Client (primer paso). 6. Elixe o arquivo vpn-UDP4-1194-config.ovpn ou ben descomprime o vpn-UDP4-1194-config.zip nun directorio e elixe o arquivo vpn-UDP4-1194.ovpn que atoparás dentro. 7. Pon o teu nome de usuario e contrasinal do CiTIUS. 8. Na pestaña IPv4, marca a casilla «Usar só para recursos nesta rede», ou non poderás navegar por Internet con normalidade. Conectarse e desconectarse da VPN Activa a VPN dende o menú da barra superior, ou pulsando no switch correspondente das opcións de rede como se mostra na imaxe. centro/servizos/vpn/ubuntu18.txt Última modificación: 2018/02/14 16:51por jorge.suarez