Esta é unha revisión antiga do documento!
Manual da VPN para Ubuntu 18.04
Instalación
1. Descarga o arquivo vpn-UDP4-1194-config.zip
ou o arquivo vpn-UDP4-1194-config.ovpn
. Normalmente poderás atopalos no directorio VPN Files en Nextcloud unha vez teñas activo o servizo.
2. Na tenda de aplicacións, busca o GNOME Control Center e activa o add-on OpenVPN Client. Alternativamente, podes instalar o paquete network-manager-openvpn-gnome
co teu xestor de paquetes preferido.
3. Vai ás opcións de rede premento en VPN Settings no menú da barra superior, ou a través do centro de control.
4. Preme no botón de engadir unha VPN.
5. Na nova ventá, preme en «Importar dende arquivo…». Neste punto debe aparecer a opción de OpenVPN. Se non aparece, é que non está instalado ben o add-on OpenVPN Client (primer paso).
6. Elixe o arquivo vpn-UDP4-1194-config.ovpn
ou ben descomprime o vpn-UDP4-1194-config.zip
nun directorio e elixe o arquivo vpn-UDP4-1194.ovpn
que atoparás dentro.
7. Pon o teu nome de usuario e contrasinal do CiTIUS.
8. Na pestaña IPv4, marca a casilla «Usar só para recursos nesta rede», ou non poderás navegar por Internet con normalidade.