Estás aquí: start » centro » xestion-de-datos

Xestión de Datos no CiTIUS

Nesta entrada presentamos a información correspondente a Xestión de Datos do CiTIUS, que inclúe referencia a Comisión de Datos do Centro (posta en marcha no último trimestre de 2023), os protocolos e servizos de xestión de datos do CiTIUS, así como unha guía (en construcción) para a Xestión de Datos.

Servizo de Apoio en Xestión de Datos no CiTIUS

O CiTIUS, a través das súas Unidades de Xestión, ofrece un servizo de apoio en xestión de datos para aqueles investigadores que así o necesiten. Os responsables de ofrecer este servizo serán Félix Díaz Hermida (Unidade de Xestión do Coñecemento e Transferencia) e Fernando Guillén Camba (Unidade de Infraestructuras TIC).