Estás aquí: start » inv » por-clasificar » python » pip

PIP: Python Install Packages

PIP: Python Install Packages

PIP é unha ferramenta multiplataforma para instalar e xestionar paquetes de python, que funciona independentemente do sistema de xestión de paquetes do Sistema Operativo que empreguemos. Entre as súas principais vantaxes están a posibilidade de instalar e actualizar as últimas versións dos paquetes, independentemente da que estea nos repositorios do noso sistema; ou a instalación no propio directorio do usuario, sen requirir permisos de administrador.

Instalación de paquetes

Para instalar un paquete determinado, que debe estar presente no índice de paquetes de python, simplemente deberemos escribir o seguinte comando (con permisos de administrador).

$ pip install nome_paquete
[... progress report ...]
Successfully installed nome_paquete

No caso de non dispoñer de permisos, é posible instalar igualmente os paquetes, pero nese caso instalaranse no home do usuario, concretamente na ruta /home/usuario/.local/lib/pythonX.Y/site-packages. A orde para realizar a instalación deste xeito é a seguinte:

$ pip install --install-option="--user" nome_paquete
[... progress report ...]
Successfully installed nome_paquete

Actualización de paquetes

PIP tamén permite a actualización dos paquetes xa instalados. A orde a executar é a seguinte:

$ pip install --upgrade nome_paquete

Eliminación de paquetes

O mecanismo de eliminación de paquetes é moi similar ó de instalación:

$ pip uninstall nome_paquete