Táboa de Contidos

Almacenamento remoto (compartido mediante NFS)

Este servizo extinguirase en decembro de 2018. Recomendamos o uso de Nextcloud no seu lugar a partires de agora. Os novos usuarios a partires de setembro de 2018 non teñen este servizo activo nas súas contas.

Descrición do servizo

Almacenamento de arquivos compartido por rede mediante NFSv4. Realízase unha copia de seguridade de todos os datos todas as noites.

Existen tres tipos de almacenamento:

Alta no servizo

A alta no servizo é automática para todos os usuarios do sistema operativo xestionado (Ubuntu). O resto do persoal e colaboradores do centro poden solicitar a alta no formulario de peticións e incidentes. Se tes problemas recordando o usuario ou o contrasinal, podes solicitar unha reactivación en citius.tic@usc.es.

Os cartafoles de proxectos poden solicitarse no formulario de peticións e incidentes indicando o nome que se quere (só letras e números, sen espazos), a xente que podería acceder e o tamaño requirido, se fose maior de 30GB.

Preguntas frecuentes

Como se accede a este almacenamento?

Pódese acceder de varias formas:

Pódese acceder a este servizo externamente á rede do centro?

Si, pódese acceder de varios xeitos: