Amosar a fonte da páxinaRevisións antigasLigazóns con istoODT exportComezo da páxina Share via Share via... Twitter LinkedIn Facebook Pinterest Telegram WhatsApp Yammer Reddit TeamsTrocos recentesSend via e-MailPrintPermalink × Acceso ó almacenamento mediante SMB e SSH Este servizo extinguirase en decembro de 2018. Recomendamos o uso de Nextcloud no seu lugar a partires de agora. Os novos usuarios a partires de setembro de 2018 non teñen este servizo activo nas súas contas. Descrición do servizo Acceso ó almacenamento compartido mediante NFS, a través dos protocolos Samba (CIFS) e SSH (inclúe SFTP). Alta no servizo A alta no servizo é automática para todos os usuarios con acceso ó almacenamento compartido mediante NFS. O nome de usuario e contrasinal son os da identificación CITIUS. Se tes problemas recordando o usuario ou o contrasinal, podes solicitar unha reactivación en citius.tic@usc.es. Axuda Acceso mediante SFTP/SSH Os datos de acceso son os seguintes: Servidor: 172.16.242.41 Porto: 22 Os espazos están accesibles nos seguintes directorios: Directorios de usuario: /homes/nome.de.usuario Directorios de proxectos: /proyectos/nome.de.proxecto Directorios compartidos: /compartidas/nome.de.usuario.do.propietario/nome.do.cartafol Directorio scratch: /scratch Exemplos: ssh://172.16.242.41/homes/jorge.suarez ssh://172.16.242.41/compartidas/jorge.suarez/fotos Acceso dende Ubuntu Abre unha ventá do navegador de arquivos. Accede ó menú Arquivo » Conectar co servidor. Elixe tipo SSH. Cubre os datos de servidor 172.16.242.41, cartafol /homes/nome.de.usuario e cubre tamén o nome de usuario e o contrasinal. Por último, preme en Conectar. Para acceder ós directorios de proxectos, usa o cartafol /proyectos/nome.de.proxecto e para acceder ó scratch usa /scratch. Acceso dende Windows Podes facer uso do programa WinSCP usando os mesmos datos de conexión que en Ubuntu. Acceso mediante Samba/SMB/CIFS Importante: Se non funciona o contrasinal, comproba que podes iniciar sesión neste wiki con ese mesmo contrasinal. Se podes e aínda así segue sen funcionar, debes cambiar o contrasinal (os contrasinais establecidos antes de Xullo de 2012 non serven). Os datos de acceso son os seguintes: Servidor: 172.16.242.41 Os espazos están accesibles nos seguintes directorios: Directorios de usuario: nome.de.usuario Directorios de proxectos: nome.de.proxecto Directorios compartidos: compartidas/nome.de.usuario.do.propietario/nome.do.cartafol Directorio de scratch: scratch Acceso dende Ubuntu Abre unha ventá do navegador de arquivos. Accede ó menú Arquivo » Conectar co servidor. Cubre o formulario co servidor 172.16.242.41 e o dominio CITIUS. Como cartafol, emprega o teu nome de usuario. Cubre tamén o teu nome de usuario e contrasinal. Por último pulsa en Conectar. Para acceder ós directorios de proxectos, introduce o nome de proxecto como carpeta, e para acceder ó scratch introduce scratch. Acceso dende Windows 7 Accede a Inicio » Equipo » Conectar a unidad de red. Cubre o formulario. En Carpeta introduce \\172.16.242.41\nome.de.usuario e pulsa en Finalizar. Introduce o contrasinal da conta do CITIUS cando cho pida. Para acceder ós directorios de proxectos, introduce \\172.16.242.41\nome.de.proxecto e para acceder ó scratch introduce \\172.16.242.41\scratch. Preguntas frecuentes Pódese acceder dende fóra da rede do centro? Si, empregando a pasarela SSH ou a VPN. Tes máis información nesas páxinas. centro/servizos/acceso_o_almacenamento_mediante_smb_e_ssh.txt Última modificación: 2018/08/28 10:34por jorge.suarez