Logotipo oficial e normativa FEDER

A acreditación asociada ás axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación do Sistema Universitario de Galicia esixe o cumprimento dunha normativa de publicidade asociada aos fondos FEDER.

Dada a complexidade da instrución completa, aconsellamos aos investigadores do CiTIUS que contacten coas Unidades de Xestión de Innovación ou Infraestruturas para asesorarse sobre o seu correcto cumprimento.

De forma xeral, todo documento, software, web e calquera outro material publicado polo CiTIUS debe ter os logos da Unión Europea, a Xunta de Galicia, o logotipo turístico de Galicia, o logo do CiTIUS, o da USC e o do Campus Vida, seguindo as directrices expostas nesta páxina, en cumprimento coa instrución da Xunta.

Tamén é necesario incluir o texto FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL “Unha Forma de facer Europa”.

Norma xeral

O logotipo do CiTIUS debe usarse nun tamaño inferior ao do logotipo principal do traballo donde se expoña, no caso de que o teña, e con certa separación, de forma que non pareza o logotipo principal nin parte deste.

En caso de ir xunto co logo do CiTIUS, o logotipo da USC debe de ter o mesmo alto que o cadrado laranxa do logo do CiTIUS. O logo do Campus Vida debe ser aproximadamente un 30% maior.

O logo da Xunta de Galicia debe estar aliñado coa banderia do logo da Unión Europea. O resto de logos que os acompañen, incluindo o logo turístico de Galicia (que debe ir á dereita de todo), deben ir ao 60% de este tamaño a súa dereita e centrados verticalmente co logo da Xunta de Galicia.

No caso de ir todos os logos no mesmo lugar, o logo máis grande debe ser o da Xunta de Galicia e o da Unión Europea. O resto, incluindo tamén o do CiTIUS, debe ir ao 60% de tamaño. Neste caso, o logo do Campus Vida pode ser do mesmo tamaño que o cadrado laranxa do CiTIUS.

Cabeceiras de documentos

Para cabeceiras de documentos, deben aliñarse os logos da Xunta de Galicia e a Unión Europea na parte superior esquerda, e o resto de logos na parte superior dereita, co logo de Galicia sempre á dereita de todo.

Pés de páxina, webs, cerres de documentos e finais de presentacións

Para pés de páxina, de webs, cerres de documentos e finais de presentacións, debe invertirse a colocación dos logos. Primeiro o da Unión Europea, a súa dereita o da Xunta de Galicia, e a súa esquerda o resto de logos, co logo de Galicia á esquerda.

No caso de ir todos os logos no mesmo lugar, o logo de Galicia debe ir á esquerda de todo.

Para pés de documentos, ademáis de invertir a colocación dos logos, hay que aliñar os logos da Xunta de Galicia e Unión Europea á dereita, e o resto de logos á esquerda.

Versións en cor e branco e negro

Nos medios electrónicos é obrigatorio poñer os logos en cor. Nos medios non electrónicos, é posible utilizar versións en branco e negro segundo as guías da Xunta de Galicia, a Unión Europea e os organismos correspondentes.

Antigos logos FEDER

As instruccións cambiaron respecto a anos anteriores e xa non se pueden utilizar os antigos logos de FEDER. A disposición correcta é o anagrama da bandeira co texto UNIÓN EUROPEA debaixo. O texto Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional “Unha maneira de facer Europa” non pode ir ao seu lado.

CiTIUS

Tipo Descarga
Logotipo completo PNG EPS
Variante horizontal PNG EPS
Logotipo para fondo negro e cores escuras PNG EPS
Logotipo para fondo laranxa ou unha cor vibrante PNG EPS

Outras entidades

Entidade Descarga
USC PNG EPS
Campus Vida PNG EPS
Xunta de Galicia Todas as versións oficiais
Unión Europea PNG EPS Guía do emblema
Galicia (logo turístico) PNG EPS
  • centro/comunicacion/identidade.txt
  • Última modificación: 2021/03/05 09:52
  • por pilar.carou