Estás aquí: start » centro » comunicacion » identidade

Manual de identidade corporativa

Esta é unha revisión antiga do documento!


Identidade

A acreditación asociada ás Axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación singulares e agrupacións estratéxicas consolidadas do Sistema universitario de Galicia esixe o cumprimento dunha normativa de publicidade asociada aos fondos FEDER.

Dada a complexidade da instrución completa, aconsellamos aos investigadores do CiTIUS que contacten coas Unidades de Xestión da Innovación ou Infraestruturas para asesorarse sobre o seu correcto cumprimento.

Recoñecementos obrigatorios

De forma xeral, todo documento, software, web e calquera outro material publicado polo CiTIUS debe ter os logos da Unión Europea, a Xunta de Galicia, o logotipo turístico de Galicia, o logo do CiTIUS, o da USC e o do Campus Vida, seguindo as directrices expostas nesta páxina, en cumprimento coa instrución da Xunta.

Tamén é necesario incluír o texto FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL “Unha maneira de facer Europa”.

Posicionamento e tamaño dos logos

Norma xeral

O logotipo do CiTIUS debe usarse nun tamaño inferior ao do logotipo principal do traballo onde se expoña, en caso de que o teña, e con certa separación, de xeito que non pareza o logotipo principal nin parte deste.

En caso de ir xunto co logo do CiTIUS, o logotipo da USC debe ter o mesmo alto que o cadrado laranxa do logo do CiTIUS. O logo do Campus Vida debe ser aproximadamente un 30% maior.

O logo da Xunta de Galicia debe estar aliñado coa bandeira do logo da Unión Europea. O resto de logos que os acompañen, incluíndo o logo turístico de Galicia (que debe ir á dereita de todo), deben ir ao 60% deste tamaño á súa dereita e centrados verticalmente co logo da Xunta de Galicia.

En caso de ir todos os logos no mesmo lugar, o logo máis grande debe ser o da Xunta de Galicia e o da Unión Europea. O resto, incluído tamén o do CiTIUS, debe ir ao 60% de tamaño. Neste caso, o logo do Campus Vida pode ser do mesmo tamaño que o cadrado laranxa do CiTIUS.

Cabeceiras de documentos

Para cabeceiras de documentos, deben aliñarse os logos da Xunta de Galicia e a Unión Europea na parte superior esquerda, e o resto de logos na parte superior dereita, co logo de Galicia sempre á dereita de todo.

Pés de páxina, webs, peches de documentos e finais de presentacións

Para pés de páxina, de webs, peches de documentos e finais de presentacións, debe invertirse a colocación dos logos. Primeiro o da Unión Europea, á súa dereita o da Xunta de Galicia, e á súa esquerda o resto de logos, co logo de Galicia á esquerda.

En caso de ir todos os logos no mesmo lugar, o logo de Galicia debe ir á esqueda de todo.

Para pés de documentos, ademáis de invertir a colocación dos logos, hai que aliñar os logos da Xunta de Galicia e Unión Europea á dereita, e o resto de logos á esquerda.

Versións en cor e branco e negro

Nos medios electrónicos é obrigatorio poñer os logos en cor. Nos medios non electrónicos, é posible utilizar versións en branco e negro segundo as guías da Xunta de Galicia, a Unión Europea e os organismos correspondentes.

Antigos logos FEDER

As instrucións cambiaron respecto a anos anteriores e xa non se poden utilizar os logos antigos de FEDER. A disposición correcta é o anagrama da bandeira co texto UNIÓN EUROPEA debaixo. O texto Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional “Unha maneira de facer Europa” non pode ir ao seu carón.