Amosar a fonte da páxinaRevisións antigasLigazóns con istoODT exportComezo da páxina Share via Share via... Twitter LinkedIn Facebook Pinterest Telegram WhatsApp Yammer Reddit TeamsTrocos recentesSend via e-MailPrintPermalink × Comisión de igualdade A Comisión de Igualdade do CiTIUS ten por obxectivo principal velar polo principio de igualdade en toda a actividade do CiTIUS e particularmente nos seguintes ámbitos: Perspectiva de xénero en todas as fases da actividade investigadora Procesos de selección e contratación de persoal Promoción e desenvolvemento da carreira profesional Condicións laborais e conciliación corresponsable Formación en materia de igualdade Cultura organizativa de igualdade Composición Paula López Martínez, Coordinadora e investigadora vinculada Diego Cabello Ferrer, investigador vinculado Natalia Seoane Iglesias, investigadora vinculada Álvaro Ordóñez Iglesias, investigador colaborador Cristina Carbajal Pérez, investigadora predoutoral Marcos Fernández Pichel, investigador predoutoral María Tenorio Miranda, técnica da Unidade de Xestión do Coñecemento e a Transferencia Plans de igualdade Plan de Acción en Igualdade de Oportunidades 2022-2023 do CiTIUS III Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes da USC 2021-2024 Guías lingüísticas A USC publicou unha guía de linguaxe non sexista: Criterios de linguaxe non sexista Conciliación A USC promove servizos para fomentar a conciliación corresponsable e compatibilizar a vida laboral e familiar. Estas iniciativas están dirixidas a toda a comunidade universitaria: Escola Infantil Breogán, dirixida a nenas e nenos de 0-3 anos. A súa liña pedagóxica está baseada na afectividade, na observación, na experimentación e no xogo a través dun proxecto educativo integral. Campus de Verán, cun programa de actividades deportivas e de lecer dirixido a nenas e nenos de 4-17 anos durante as derradeiras semanas de xuño, o mes de xullo e comezos de setembro. Permisos por xestación, nacemento e coidado de menores A USC conta cunha serie de permisos retribuídos de xestación, nacemento, adopción ou acollemento de menores: Permiso por xestación a partir do día 1º da semana 37 de embarazo ata o parto. En xestación múltiple a partir do día 1º da semana 35. Permiso de maternidade, adopción ou acollemento de 22 semanas por parto, das que obrigatoriamente 6 serán inmediatamente posteriores ao parto a xornada completa. As 16 semanas restantes poderanse desfrutar en calquera momento a xornada completa ou parcial durante o primeiro ano de vida do bebé. Deberán collerse en bloques de mínimo 1 semana avisando con 15 días de antelación. Permiso para o outro proxenitor por nacemento, adopción ou acollemento de 16 semanas intransferibles, das que obrigatoriamente 6 serán inmediatamente posteriores ao parto e a xornada completa. As 10 semanas restantes poderanse desfrutar en calquera momento a xornada completa ou parcial durante o primeiro ano de vida do bebé. Deberán collerse en bloques de mínimo 1 semana avisando con 15 días de antelación. Permiso de lactación por filla ou fillo menor de 12 meses: 1 hora de ausencia ao traballo, que se poderá dividir en 2 fraccións. Poderá substituírse por un permiso que acumule en xornadas completas o tempo correspondente ou por un crédito de horas a aproveitar en calquera momento despois do goce do permiso de maternidade. Para calquera dúbida relativa aos permisos, podes preguntar en Secretaría a Pilar Martínez Carou. Protocolo da USC en materia de acoso A USC conta cun Protocolo de prevención e actuación fronte ao acoso sexual e o acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero, que se pode consultar neste enlace. Existe un procedemento de denuncia de acoso e un formulario de denuncia a través da sede electrónica da USC. Contacto Para calquera suxerencia ou consulta, pódese contactar con calquera dos membros da Comisión de Igualdade do CiTIUS. A USC tambén conta cunha Oficina de Igualdade de Xénero da USC: Dirección: Pabellón Estudiantil, Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela Teléfono: 881 811 310, 881 811 309 E-mail: oix@usc.gal centro/igualdade/start.txt Última modificación: 2023/02/09 14:05por maria.regueira.muniz