Estás aquí: start » centro » igualdade

Comisión de igualdade

Esta é unha revisión antiga do documento!


Comisión de igualdade

A Comisión de Igualdade do CiTIUS ten por obxectivo principal velar polo principio de igualdade en toda a actividade do CiTIUS e particularmente nos seguintes ámbitos:

  • Perspectiva de xénero en todas as fases da actividade investigadora
  • Procesos de selección e contratación de persoal
  • Promoción e desenvolemento da carreira profesional
  • Condicións laborais e conciliación corresponsable
  • Formación en materia de igualdade
  • Cultura organizativa de igualdade

Composición

Plans de igualdade

Conciliación

A USC promove servizos para fomentar a conciliación corresponsable e compatibilizar a vida laboral e familiar. Estas iniciativas están dirixidas a toda a comunidade universitaria:

  • Escola Infantil Breogán, dirixida a nenas e nenos de 0-3 anos. A súa liña pedagóxica está baseada na afectividade, na observación, na experimentación e no xogo a través dun proxecto educativo integral.
  • Campus de Verán, cun programa de actividades deportivas e de lecer dirixido a nenas e nenos de 4-17 anos durante as derradeiras semanas de xuño, o mes de xullo e comezos de setembro.

Permisos por xestación, nacemento e cuidado de menores

A USC conta cunha serie de permisos retribuídos de xestación, nacemento, adopción o acollemento de menores:

  • Permiso por xestación a partir do día 1º da semana 37 de embarazo ata o parto. En xestación múltiple a partir do día 1º da semana 35.
  • Permiso de maternidade, adopción ou acollemento de 22 semanas por parto, das que obrigatoriamente 6 serán inmediatamente posteriores ao parto a xornada completa. As 16 semanas restantes poderanse disfrutar en calquera momento a xornada completa ou parcial durante o primeiro ano de vida do bebé. Deberán collerse en bloques de mínimo 1 semana avisando con 15 días de antelación.
  • Permiso para o outro proxenitor por nacemento, adopción ou acollemento de 16 semanas intransferibles, das que obrigatoriamente 6 serán inmediatamente posteriores ao parto e a xornada completa. As 10 semanas restantes poderanse disfrutar en calquera momento a xornada completa ou parcial durante o primeiro ano de vida do bebé. Deberán collerse en bloques de mínimo 1 semana avisando con 15 días de antelación.
  • Permiso de lactación por filla ou fillo menor de 12 meses: 1 hora de ausencia ao traballo, que se poderá dividir en 2 fraccións. Poderá substituírse por un permiso que acumule en xornadas completas o tempo correspondente ou por un crédito de horas a aproveitar en calquera momento despois do goce do permiso de maternidade.

Para calquera dúbida relativa ós permisos, podes preguntar en Secretaría a Pilar Martínez Carou.

Protocolo da USC en materia de acoso

Contacto

Para calquera suxerencia ou consulta, pódese contactar con calquera dos membros da Comisión de Igualdade do CiTIUS.

A USC tambén conta cunha Oficina de Igualdade de Xénero da USC:

  • Dirección: Pabellón Estudiantil, Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela
  • Teléfono: 881 811 310, 881 811 309
  • E-mail: oix@usc.gal