Editar esta páxina Ligazóns con isto Export to PDF ODT export Táboa de Contidos Manual de la VPN para Mac OS X 10.8, 10.9 y 10.10 Instalación Conectarse e desconectarse da VPN Manual de la VPN para Mac OS X 10.8, 10.9 y 10.10 Instalación Instala a aplicación Tunnelblick. Para Mac OS X 10.9 e 10.10 é preciso instalar Tunnelblick 3.4 ou superior, ou non funcionará correctamente. Descomprime o arquivo vpn-UDP4-1194-config.zip nun directorio calquera e engade a ese directorio a extensión .tblk. Abre ese directorio, que agora será recoñecido por Tunnelblick como unha configuración de VPN. Á pregunta de instalar a configuración para todos os usuarios elixe «Só eu». Introduce o teu usuario e contrasinal do sistema. No menú de aplicacións, abre Tunnelbrick. No panel de indicadores, preme na icona de Tunnelbrick e elixe a opción Detalles de VPN…. Na configuración, elixe Usar DNS no despregable Establecer DNS/WINS. Se a versión de Tunnelblick da a escoller versión de VPN, escoller a versión 2.4 ou superior. As versións 2.3.x non serven. Conectarse e desconectarse da VPN No menú de aplicacións, abre Tunnelbrick se non está aberto xa. No panel de indicadores, preme na icona de Tunnelbrick e elixe a opción Conectar vpn-citius. Introduce o usuario e contrasinal da túa conta do CiTIUS. Se recibes unha advertencia sobre a dirección IP pública, podes ignorala. centro/servizos/vpn/macosx.txt Última modificación: 2018/08/13 09:39por jorge.suarez