This translation is older than the original page and might be outdated. See what has changed.

Xeon Phi computing servers

This is an old revision of the document!


Servidores de computación con Xeon Phi

Descrición do servizo

Alta no servizo

Todos os usuarios do CITIUS poden acceder a este servizo, pero para iso deben solicitalo previamente a través do formulario de incidencias. Mentres non o fagan, recibirán unha mensaxe de contrasinal incorrecto ou de acceso denegado.

Manual de usuario

Conexión co servidor ctserv08

Para conectarse, debes facelo a través de SSH polo porto 1301 coas credenciais do CITIUS.

  • ctserv08.inv.usc.es - 172.16.242.155

A conexión só está dispoñible dende a rede do centro e co porto 1301. Para conectarse dende outras localizacións ou dende a rede da RAI é preciso facer uso da VPN ou da parasela SSH.

Usar a Xeon Phi

A tarxeta conta co software MPSS 3.5.1. Non é preciso conectarse ó coprocesador para executar un programa usando o modelo de programación offload (en inglés, offload programming model). Este modo está explicado na documentación de MPSS e utiliza o usuario especial micuser.

Para executar software nativo ou MPI, si é preciso conectarse por SSH a mic0 coas mesmas credenciais que estás a usar no servidor:

  ssh mic0

Conexión coa estación de traballo ctws1

É posíbel traballar na estación de traballo de forma presencial ou accedendo por ssh dende a rede do centro. Para conectarse, debes facelo a través de SSH polo porto 1301 coas credenciais do CiTIUS. Para conectarse dende outras localizacións ou dende a rede da RAI é preciso facer uso da VPN ou da parasela SSH.

  • ctws1.inv.usc.es - 172.16.243.187

Hai documentación en /opt/intel/parallel_studio_xe_2013/Documentation/

Conexión co servidor ctphi3

Para conectarse, debes facelo a través de SSH polo porto 22 coas credenciais do CiTIUS.

  • ctphi3.inv.usc.es - 172.16.242.161

A conexión só está dispoñible dende a rede do centro e co porto 22. Para conectarse dende outras localizacións ou dende a rede da RAI é preciso facer uso da VPN ou da parasela SSH.

Pódese acceder os parámetros da BIOS mediante o comando sudo syscfg. O manual para usalo está nas referencias desta páxina.

Referencias