Esta traducción es más antigua que la página original y podría estar obsoleta. Ver lo que ha cambiado.
Estás aquí: start » es » inv » teses

Procedimientos para la elaboración y depósito de la tesis doctoral

¡Esta es una revisión vieja del documento!


Procedimientos para la elaboración y depósito de la tesis doctoral

Esta entrada de la Wiki pretende ser un punto donde resolver las dudas que se suelen presentar durante el período de escritura/depósito de la tesis doctoral. [Actualmente en elaboración]

Los documentos que se proporcionan aquí son los modelos que se entregaban en el momento de elaboración de esta entrada. Se aconseja utilizarlos únicamente como guía, y descargarlos de su respectiva fuente original, proporcionadas también en este documento.

A lo largo de todo este documento se va a utilizar el género femenino para referirse a todas las figuras personales entendiendo que estas figuras son personas, si no te sientes identificada como persona , siento las molestias.

Formato del manuscrito

Para la publicación de la tesis puedes emplear la plantilla del CiTIUS que está disponible para descarga en el Repositorio Gitlab.

Proceso de depósito de la Tesis

La guía que se presenta a continuación fue generada por personal investigador predoctoral para facilitar el proceso a futuras investigadoras. No obstante, se recomienda revisar la documentación de la EDIUS, pues puede ser que esta sea actualizada sin que esto se refleje en este documento.

1. Escritura de la tesis

Escribe la tesis y recuerda tener actualizado y aprobado el documento de actividades y que el título de la tesis sea el que aparece en el plan de investigación de la secretaría virtual.

2. Informe favorable de los revisores internacionales

Solo para mención internacional

Uno de los requisitos para obtener la mención internacional es un informe favorable de la tesis por parte de dos investigadoras extranjeras. Puedes encontrar la plantilla de este informe en el documento guía que está disponible bajo la sección “La Tesis” > “Depósito de tese” > “Comprobación previa á solicitude cando se conta con todas as sinaturas electrónicas” na web da EDIUS.

3. Solicitude de autorización ​de defensa ​á CAPD

O primeiro paso formal é solicitar á Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD) a autorización da defensa da tese en base aos criterios de lectura impostos polo Programa de Doutoramento (PD).

Para isto envía un correo á persoa coordinadora do teu PD solicitándolle o documento e envíallo de volta cuberto coa relación de publicacións, patentes, capítulos en libros… que culminaron na elaboración da tese.

4. Solicitude de depósito

Inicia a solicitude electrónica para o depósito da tese (sección “La Tesis” > “Depósito de tese” > “A solicitude de depósito por Sede Electrónica” na web da EDIUS.). Para esta solicitude terás que introducir primeiro os seguintes datos:

4.1. Información xeral

  • Titulación de acceso aos estudos de doutoramento, institución e ano na que a obtiveches.
  • Título e directoras da tese.
  • Idioma de lectura e de redacción do manuscrito.
  • Palabras chave.
  • Resumo da tese (max 10 liñas): este resumo é o que vai ir como abstract en Minerva.
  • Clasificación UNESCO Área/Liña/Denominación: por exemplo, o código de “Intelixencia Artificial” é 120304. Pide tres códigos, en caso de ter menos asociados hai que repetilos para encher os outros campos.
  • Convocatorias de co-financiamento conseguidas: por exemplo, as axudas FPU, FPI, Xunta, etc.

4.2. Especificar tipo de tese

Despois deberás indicar se a tese i) opta a mención internacional, ii) opta a mención de doutoramento industrial, iii) se é unha tese con cotutela internacional vía convenio, iv) se é unha tese con protección de dereitos e/ou v) se é unha tese por compendio de publicacións.

4.3. Anexar documentación

Os documentos dos que non se especifica orixe están dispoñibles no documento guía referenciado no punto 2 desda wiki.

4.3.1. Xeral
4.3.2. Mención Internacional
4.3.3. Mención Industrial
  • Certificado de vida laboral.
  • Memoria final empresa.
4.3.4. Cotutela Internacional
  • Declaración de cumprimento.
  • Certificados das estadías.
4.3.5. Protección de dereitos
  • Compromiso de custodia (tras solicitude previa a escola).
4.3.6. Compendio de Publicacións ou Monográfica con Reprodución

5. Envío de documentación á secretaría do departamento

En canto presentes a solicitude podes enviarlle por correo a seguinte documentación á secretaria do departamento (actualmente Ana Rodríguez) para que vaia iniciando os trámites:

  • Memoria da tese en formato PDF e sen firmar.
  • Compendio ou Monográfica con Reprodución Memoria da tese sen os contidos reproducidos de artigos publicados ou en publicación.
  • Aceptación dos membros do tribunal: un por cada membro do tribunal. Dispoñible baixo o nome “Aceptación a formar parte do tribunal” na sección “El centro” > “Guías e impresos” > “Impresos” > “CAPD” na web da EDIUS.
  • Proposta dos membros do tribunal: un por cada membro do tribunal especificando quen é o primeiro vogal suplente. Dispoñible baixo o nome “Proposta do tribunal” na sección “El centro” > “Guías e impresos” > “Impresos” > “CAPD” na web da EDIUS.

6. Solicitude de defensa

Unha vez recibas a aprobación da túa tese por parte da Comisión Executiva da EDIUS terás que solicitar a defensa da mesma.

6.1 Defensa presencial

O secretario do tribunal ou, no seu nome, o coordinador da CAPD, debe notificar, cunha antelación mínima de 7 días naturais antes da data de defensa, mediante correo electrónico á EDIUS que a defensa realizarase de xeito presencial indicando: data, lugar e hora de acto de lectura.

Máis info na web da EDIUS.

6.2 Defensa semipresencial ou virtual

Solicitar a defensa semipresencial ou virtual a través da sede electrónica da USC (enderezo dispoñible no apartado de defensas da web da EDIUS). Ao realizar dita solicitude, hai que anexar un documento no que cada membro do tribunal afirma coñecer a modalidade de defensa e o tipo da súa participación.

7. Pago das taxas de defensa

O seguinte será proceder ao pago das taxas para a defensa (117.09 €). Para isto envíalle un correo electrónico ao servizo de xestión académica do doutoramento a través do enderezo doutoramento@usc.es preguntando por dito trámite.

8. Impresión da tese

Unha vez autorizada a defensa da tese, tense que entregar un exemplar en formato físico na EDIUS, para o cal hai que encargar as impresións. Para isto hai que enviar un correo a Campus na Nube (csd1@campusnanube.com) pedindo presuposto para o número de impresións que queiras, especificando o tipo de encadernación (dura ou branda), o número de páxinas total, e o número de páxinas a color.

Actualmente, o departamento de electrónica e computación financia a impresión dun máximo de 7 teses (ata un máximo de 200 €). Para isto tes que enviarlle o presuposto á secretaría do departamento. Ten en conta que no caso de querer máis de 7 impresións (ou de pasarse do límite dos 200 €) os presupostos deberían xerarse de forma separada, un para que o pague o departamento, e o outro para pagalo ti.

Por último, hai que entregarlle unha das copias impresas, coas firmas das directoras e autora da tese, á secretaría do departamento, quen se encargará de envialo á EDIUS.

9. Ficha Teseo

Unha vez autorizada a tese, para que se poida incorporar a mesma ao repositorio de teses de doutoramento Teseo, hai que cubrir a ficha seguindo o indicado no apartado da web da EDIUS.

Para facilitar este traballo pódese consultar este exemplo.

10. Defensa da tese

Ánims!

11. Pago das taxas para a obtención do título

En caso de conseguir o título de doutora (noraboa!), o último paso sería solicitar a expedición de dito título, para o cal terías que… to be continued!

Timing

Diagrama ordenando temporalmente os pasos descritos nesta entrada. As frechas representan a precedencia, tendo que realizar todas as actividades previas.

  1. Neste enderezo podes consultar as teses en trámite e os días que comprenden ese prazo para cada tese.
  2. Mención internacional Os informes dos revisores internacionais pódense solicitar antes de ter a versión definitiva da tese, sempre que non che falte moito (e.g. formatear os estilos, correxir errores ortográficos, ou unha pequena revisión dalgunha sección).
  3. Mención internacional Os informes dos revisores internacionais non fan falla ata a reunión da CAPD na que aproban a túa defensa, en caso de querer iniciar antes o proceso consúltao co teu Programa de Doutoramento con anterioridade.

Se queres modificar o diagrama para actualizalo e/ou melloralo podes descargar este arquivo, descomprimilo e cargalo en app.diagrams.net.