Editar esta páxina Ligazóns con isto Export to PDF ODT export Táboa de Contidos Procedementos a seguir para a elaboración/depósito da tese de doutoramento Formato Documentación a aportar para o depósito da tese no DEC Documentación básica Caso da mención internacional Caso de presentación por compendio de artigos Procedementos a seguir para a elaboración/depósito da tese de doutoramento Esta entrada da Wiki pretende ser un punto onde resolver as dúbidas que se adoitan presentar durante o período de escritura/depósito da tese de doutoramento. Actualmente en elaboración. Formato Para a publicación da tese empregarase a plantilla do CiTIUS, dispoñible para descarga no Repositorio Gitlab. Documentación a aportar para o depósito da tese no DEC O depósito da tese debe facerse ante a secretaría do Departamento de Electrónica e Computación, actualmente na ETSE. A documentación a achegar no momento do depósito é a seguinte: Documentación básica Formulario T50 cumprimentado polo/a doutorando/a. Ligazóns: Formato .doc ou Formato .odt Exemplar en formato papel da tese (2 copias). CD/DVD ou Memoria USB que conteña os seguintes PDFs: Exemplar da tese. Curriculum vitae. Documento coa relación de publicacións, patentes, capítulos en libros etc. que culminaron na elaboración da tese. Formulario para inclusión no repositorio Minerva. Este documento é un PDF que hai que editar. Ligazón Resumo dun máximo de 4000 caracteres no idioma da tese. Curriculum vitae (3 copias). Documento coa relación de publicacións, patentes, capítulos en libros etc. que culminaron na elaboración da tese. Formulario de autorización, ou de non autorización, da difusión do exemplar electrónico da tese a través da aplicación do Ministerio “Teseo” (3 copias). Ligazón autorización: Formato .odt ou Formato .doc. Ligazón non autorización: Formato .odt ou Formato .doc Caso da mención internacional Certificación acreditativa dunha estadía mínima de 3 meses nun centro de investigación ou de educación superior dun país distinto de España. Copia da autorización da realización da estadía por parte da Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD), avalada polo director/es da tese. Este documento xúntao a secretaría do Departamento no momento do depósito. Informe favorable da tese por dous expertos doutores pertencentes a algunha institución de educación superior ou instituto de investigación non española. Ligazón: Formato .odt ou Formato .doc Caso de presentación por compendio de artigos No CD/DVD ou Memoria USB mencionada no apartado de documentación básica, deberase incluír ademais outro PDF do exemplar da tese onde se eliminen os artigos publicados e se indiquen as ligazóns onde consultalos. Informe do/s directore/s da tese sobre a idoneidade da presentación da tese neste formato. Está incluído na plantilla da tese, é dicir, vai no documento da tese. Aceptación por escrito das persoas coautoras doutoras de que o doutorando presente o traballo como parte da tese. Estes documentos poden ser substituídos por unha declaración responsable do/s director/es da tese, que tamén está incluída na plantilla. Renuncia por escrito das persoas coautoras non doutoras á presentación dos traballos como parte doutra tese de doutoramento. inv/teses.txt Última modificación: 2018/09/20 10:35por diego.cougil