Proxy web / Redireccións

Redireccións web mediante proxy inverso que permiten acceder dende fóra do centro a aplicacións, en contorno de probas ou de produción, que estean instaladas en servidores da rede do centro, coma por exemplo en CloudStack.

Debe solicitarse unha nova alta por cada redirección, mediante o formulario de peticións e incidentes. Para acceder ó formulario precisas o teu usuario e contrasinal da identificación CiTIUS. Se tes problemas recordando o usuario ou o contrasinal, podes solicitar unha reactivación en citius.tic@usc.es.

Non esquezas especificar:

  • A URL completa de acceso dende dentro do centro.
  • A ruta completa de acceso dende fóra, que pode ser igual ou diferente á de dentro e o dominio, que pode ser demos.citius.usc.es ou tec.citius.usc.es.
  • Se precisas algunha característica especial (arquivos grandes, timeouts elevados, SPDY, websockets, etc.).
  • Data de expiración (un ano prorrogable para as máquinas aloxadas en proxectos do cloud; noutros casos como máximo seis meses non prorrogables)
  • Se queres monitorización do funcionamento por parte dos administradores de sistemas. Máis abaixo está explicado en que consiste esta monitorización.

Recibirás a confirmación da alta por correo electrónico. Pasada a data de expiración, o persoal de administración porase en contacto de novo contigo para saber se debe renovar a redirección por máis tempo ou borrala.

Se queres saber cales son as redireccións que tes ó teu nome, podes consultar a páxina de consulta de redireccións.

Podes usar este exemplo:

URL actual de acceso dende o centro: http://172.16.244.255:8045/exemplo
URL solicitada dende fora: http://tec.citius.usc.es/exemplo
Características especiais: Ningunha
Data de expiración: 1 anho prorrogable
Monitorizar: Non/Si

A monitorización permite ós administradores do centro coñecer se algunha ruta non está a contestar adecuadamente.

Esta monitorización soamente comproba se a URL responde, e se responde un código HTTP que non sexa un erro, e non pode facer comprobacións máis complexas.

En caso de atopar algún problema, os administradores do centro poranse en contacto coa persoa que pediu no seu momento a redirección tan pronto como sexa posible.