Esta é unha revisión antiga do documento!


Instalación

  1. Instala a aplicación OpenVPN Connect, que podes atopar en Google Play (polo de agora, non se publica por outros medios de maneira oficial aínda que é relativamente doado atopala).
  2. Envía ó dispositivo o contido do arquivo vpn-udp-22-nome.de.usuario-config.zip que recibiches por correo electrónico. Verás un arquivo con extensión p12, outro key e outro ovpn. É necesario que os tres estén gardados no mesmo directorio.
  3. Arrinca a aplicación OpenVPN Connect, e selecciona Import » Import profile from SD Card. No navegador de arquivos que se abre, atopa e selecciona o arquivo coa extensión ovpn.
  4. A aplicación tentará atopar o certificado. Debes seleccionar a única opción que debería aparecer, e premer en Permitir.
  5. Introduce o teu usuario do CiTIUS e o contrasinal. Pulsa en Conectar.
  6. Recibirás unha advertencia sobre o uso desta VPN e a posibilidade de que a aplicación intercepte todas as comunicacións, que debes aceptar.
  7. Unha vez feito, a aplicación conectarase automáticamente.

Conectarse e desconectarse da VPN

  1. Abre a aplicación OpenVPN Connect e pulsa no botón Conectar ou Desconectar. Pode que volvas a recibir a advertencia sobre a posibilidade de que a aplicación intercepte as comunicacións se reinicias ou apagas o dispositivo.
  • centro/servizos/vpn/android.1394555577.txt.gz
  • Última modificación: 2014/03/11 17:32
  • por jorge.suarez