Almacenamento remoto (compartido mediante NFS)

Esta é unha revisión antiga do documento!


Almacenamento remoto (compartido mediante NFS)

Descrición do servizo

Almacenamento de arquivos compartido por rede mediante NFSv4. Realízase unha copia de seguridade de todos os datos todas as noites.

Existen tres tipos de almacenamento:

  • Persoal:
    • Espazo privado, con permisos de lectura e escritura para un único usuario.
    • 20GB de cuota de disco, con posibilidade de ampliación se fora necesario.
  • Proxectos:
    • Espazo compartido, privado a un grupo de usuarios fixo que teñen permiso de lectura e escritura.
    • 30GB de cuota de disco, con posibilidade de ampliación se fora necesario.
  • Carpetas compartidas:
    • Similas ós espazos de proxectos, pero xestionable polos propios usuarios a través de Carqueixa.
    • 7GB de cuota de disco por carpeta.
  • Scratch:
    • Espazo compartido público a todos os usuarios do centro.
    • 1TB de espazo total, sen cuotas.
    • Os arquivos de scratch bórranse despois de 24 horas e non se fan copias de seguridade.

Alta no servizo

A alta no servizo é automática para todos os usuarios do sistema operativo xestionado (Ubuntu). O resto do persoal e colaboradores do centro poden solicitar a alta no formulario de peticións e incidentes. Se tes problemas recordando o usuario ou o contrasinal, podes solicitar unha reactivación en citius.tic@usc.es.

As carpetas de proxectos poden solicitarse no formulario de peticións e incidentes indicando o nome que se quere (só letras e números, sen espazos), a xente que podería acceder e o tamaño requerido, se fora maior de 30GB.

Preguntas frecuentes

¿Como se accede a este almacenamento?

Pódese acceder de varias formas:

  • Directamente a través de NFS dende a Ubuntu 12.04 CITIUS.
  • A través de SSH, conectándose ó servidor 172.16.242.41 como se explica nesta páxina.
  • A través de SMB, conectándose ó servidor 172.16.242.41 como se explica nesta páxina.

¿Pódese acceder a este servizo externamente á rede do centro?

Sí. Pódese acceder de varias formas:

  • Utilizando o acceso a través de SMB ou SSH, facendo un túnel SSH coa pasarela SSH, ou ben conectado á VPN.
  • A través da ferramenta web Carqueixa.